Organizo escape rooms educativos en galego para colexios e ANPA, con caixas, cadeados e enigmas que se resolven en equipo, sen pantallas.

Unha aventura con enigmas e cadeados
A misión do alumnado será escapar das trampas dun trasno que anda facendo das
súas polo monte Lobeira.
Para conseguilo terán que traballar en equipo, interpretar símbolos, descifrar
mensaxes secretas e descubrir a combinación que abre unha caixa misteriosa.
E si, hai caixas e cadeados de verdade!
Unha hora de misterio, risas e cabezas pensando. Todo en galego e sen
pantallas.
Obradoiros para centros educativos e ANPA
Este é un dos obradoiros que levo aos centros educativos, con actividades
adaptadas ás diferentes idades.
E se levamos unha aventura destas ao teu cole?
Tanto os centros educativos como as ANPA poden contratar estes obradoiros. Eu
levo os materiais e encárgome de dinamizar a actividade.
Consulta as propostas de obradoiros en galego para colexios e ANPA para ver os formatos, as idades orientativas e como organizamos as sesións. Se queres recibir un orzamento, podes solicitar unha proposta para o teu centro.











