Queres organizar un obradoiro en galego no teu colexio ou instituto? Propoño actividades participativas con enigmas, xogos de pistas, retos de lóxica, lingua e creatividade. Estas son algunhas das dúbidas máis habituais dos centros educativos e das ANPA.
Cantos alumnos poden participar por sesión?
Como referencia, traballo cun máximo aproximado de 30 alumnos por sesión, para facilitar a participación. Se o grupo é máis grande ou ten necesidades de organización específicas, podemos estudar outra distribución.
Para que idades están pensados os obradoiros?
Hai propostas para Educación Infantil, Primaria e ESO, adaptando os xogos e a dificultade á idade do alumnado. Tamén se poden combinar grupos de cursos próximos, como 3º e 4º de Primaria ou 1º e 2º da ESO.
Que actividades se poden realizar?
Segundo a idade e o grupo, as sesións poden incluír escape rooms, buscas de pistas, enigmas, retos de lóxica e actividades de lingua e creatividade, sempre cun enfoque práctico e colaborativo.
Pódense organizar varias sesións no mesmo día?
Si. É habitual preparar varias quendas consecutivas no mesmo centro para que participen distintos grupos.
Que espazo necesita o centro?
O recomendable é dispor dun salón de usos múltiples, pavillón ou espazo amplo que permita traballar en equipo e moverse con comodidade.
Hai obradoiros fóra de Cangas?
Teño a miña base en Cangas do Morrazo e desprázome a centros doutras zonas de Galicia. Para lugares máis afastados podemos coordinar varias visitas na mesma zona e reducir os custos de desprazamento.
Como solicitar unha proposta para o centro?
Para estudar unha actividade, indica a localidade, os cursos e o número aproximado de alumnos no formulario de contacto de Pidopapas.
Se precisas coñecer as modalidades e os custos orientativos, tamén podes consultar o dossier informativo dos obradoiros (PDF).

