Condicións de contratación

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DO RESPONSABLE DO SITIO WEB

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, infórmase que:

Denominación social: Breixo Mariño Malvido (nun futuro, A EMPRESA) CIF: 39451831T Domicilio social: Camiño Real 32, 36940, Cangas, Pontevedra. España Email: info@pidopapas.com

2. OBXECTO DAS CONDICIÓNS

Estes termos e condicións pretenden definir os dereitos e obrigacións das partes no contexto da venda en liña dos servizos ofertados na páxina www.pidopapas.com. Estas condicións aplican a todos os usuarios (CLIENTES) que realicen unha compra a través dese sitio web.

O CLIENTE atópase suxeito ás condicións xerais vixentes en cada un dos momentos de realizar a contratación correspondente, non sendo posible a contratación de servizo algún sen a previa aceptación das presentes condicións xerais de contratación.

3. INTERVINETES

O proceso de contratación electrónica será levado a cabo entre O CLIENTE e A EMPRESA.

Terán a consideración de CLIENTE aqueles consumidores que leven a cabo o pago correspondente para acceder a un produto.

4. DEREITO DE EXCLUSIÓN

A EMPRESA resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao portal e/ou os servizos ofertados sen necesidade de preaviso, a instancias propias ou dun terceiro, á aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais.

5. PROCESO DE CONTRATACIÓN

O CLIENTE debe escoller o produto desexado. O sistema redirixirá automaticamente ao comprador á páxina de pedido. Nesta páxina, o comprador deberá cubrir os campos cos seus datos persoais e a dirección de correo electrónico, e deberá aceptar, marcando a casilla correspondente, as presentes condicións xerais, e finalmente validar o método de pagamento. Calquera pedido implica a aceptación dos prezos e descricións dos produtos dispoñibles no catálogo.

6. CONDICIÓNS ECONÓMICAS E FORMA DE PAGO

6.1. Condicións económicas O prezo final aparecerá durante a confirmación da compra e reflictiu o tipo impositivo de IVE que corresponda segundo o país.

Os prezos poden cambiar en calquera momento á discreción única e exclusiva de A EMPRESA. A EMPRESA non ofrece protección de prezos ou reembolsos no caso de redución de prezos ou ofertas promocionais.

6.2. Formas de Pago A través da pasarela segura de PayPal poderás pagar mediante transferencia bancaria, tarxeta de crédito VISA, MASTERCARD ou conta de PayPal. Ao rematar o proceso de compra, serás redirixido a unha páxina segura de PayPal para proceder ao pagamento.

A EMPRESA non terá acceso en ningún momento aos datos bancarios de O CLIENTE. Estes datos son xestionados por Paypal.

7. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

A EMPRESA por sí mesma ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade de A EMPRESA ou ben dos seus licenciadores. Todos os dereitos resérvanse.

Calquera uso non autorizado previamente por A EMPRESA, será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.

Quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de A EMPRESA.

O CLIENTE comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de A EMPRESA. O USUARIO deberá abstenerse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivera instalado nas páxinas de A EMPRESA.

Crear unha Escape Room supón moitas horas e noites sen durmir, o teu apoio é necesario. Grazas!

8. DEREITO DE DESISTIMENTO

O produto que se ofrece no sitio web é un produto descargable, polo que no momento en que se inicie a descarga pérdese o dereito ao seu desistimento.

Non obstante, recoñéceselle a O CLIENTE o dereito de desistimento da compra efectuada. Se non queda satisfeito, poderá solicitar a devolución do importe aboado nun prazo máximo de 14 días naturais a contar dende a adquisición do produto.

O dereito de desistimento poderase exercer mediante correo electrónico enviado a info@pidopapas.com solicitando a devolución do importe aboado, que se efectuará dentro dos 14 días naturais seguintes dende a data en que se realizou tal comunicación.

9. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADES

A EMPRESA non pode garantir a continuidade técnica do Sitio Web, a ausencia de fallo ou interrupcións do servizo nin que o Sitio Web estará dispoñible ou accesible o cen por cen do tempo por causas alleas ao control de www.pidopapas.com ou causas fortuítas e/ou de forza maior, virus, ataques informáticos e/ou actuacións de terceiros que ocasionen a imposibilidade total ou parcial da prestación dos servizos así como outras causas imprevisibles como puideran ser o incorrecto funcionamento de internet.

10. TRATAMENTO DE DATOS PERSONAIS

Toda a información proporcionada durante o proceso de contratación será almacenada por A EMPRESA na súa calidade de responsable do ficheiro.

Do mesmo modo, e salvo que o cliente mostrase a súa oposición expresa, o usuario consente expresamente o tratamento dos seus datos persoais para remitir información de interese, novidades e ofertas sobre os produtos e servizos a través de calquera medio, incluído o correo electrónico.

Para darte de baixa de envíos de comunicacións publicitarias podes facelo enviando un email a info@pidopapas.com

Poderás dirixir as túas comunicacións e exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través do correo electrónico: info@pidopapas.com xunto con proba válida en dereito, como fotocopia do D.N.I. ou equivalente, indicando no asunto “PROTECCIÓN DE DATOS”.

11. IDIOMA

O idioma das presentes condicións e da páxina web é o galego.

12. LEGISLACIÓN APLICABLE E XURISDICCIÓN

A relación entre A EMPRESA e O CLIENTE rexerá pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e tribunais da cidade de Vigo (España), salvo que a Lei aplicable dispoña outra cousa.

Condicións Xerais de Contratación a 01 de abril de 2020.

Estas condicións xerais expresan a totalidade das obrigacións por parte do vendedor como do comprador. O comprador comprométese a respectalas e aceptalas na súa total integridade.

O vendedor e o comprador acordan que estes termos e condicións rexen exclusivamente a súa relación. O vendedor resérvase o dereito de modificar as súas condicións xerais cando o crea necesario, publicándose e notificándose nesta páxina.

Se faltara unha condición de venda, considerarase rexida polas prácticas vixentes no sector de venda a distancia.

13. ESCAPE ROOMS

Se conseguiche ler ata aquí nin te imaxinas o ben que o pasarás facendo as nosas Escape Rooms!

Escape Rooms