← Volver ao blog

Obradoiros en galego para Infantil, Primaria e ESO

Propoño obradoiros educativos en galego para Infantil, Primaria e ESO, con actividades adaptables ás idades e ás necesidades de cada centro. A idea é que o alumnado utilice a lingua mentres xoga, crea e resolve retos con outras persoas.

Que tipos de actividades propoño?

As propostas inclúen diferentes formas de participación:

  • Xogos e actividades lúdicas pensadas para os máis pequenos.
  • Creación de enigmas e mensaxes secretas, combinando imaxinación e linguaxe.
  • Escape rooms e retos cooperativos nos que o alumnado ten que colaborar para avanzar.

Adapto os contidos e a dinámica ao grupo e aos obxectivos do teu centro.

Información para organizar un obradoiro

Podes consultar o dossier informativo de obradoiros (PDF), con información sobre as actividades, as duracións e os custos orientativos.

Se queres valorar unha proposta para o teu centro ou ANPA, escríbeme e cóntame que precisas.

Dossier de Pidopapas con información e modalidades de obradoiros en galego para centros educativos