Pasatempos en galego

Sopas de letras, labirintos e enigmas para xogar sen pantallas a partir dos 4 anos.

Así son por dentro

Escolle o teu caderno

Cadernos de pasatempos do Nadal

Nadal

A partir de 4 anos

O Apalpador, sopas de letras e labirintos para as tardes de Nadal.

Cadernos infantís de pasatempos de temática xeral

Todo o ano

A partir de 4 anos

De colorear e buscar as primeiras palabras a resolver retos de lóxica.

Cadernos de pasatempos do outono

Outono

A partir de 4 anos

Entre castañas, follas e historias do Samaín hai pistas por descubrir.

Caderno de actividades do verán

Verán

A partir de 9 anos

75 retos para levar na mochila: da praia á aldea, só fai falta un lapis.

pasatempos para adultos en galego

Para adultos

Letra grande

Máis de 70 xogos en galego. Comeza cunha sopa de letras e segue co reto que che apeteza.

Colaboracións e referencias

Enigmas de Pidopapas publicados en O Papagaio, con ilustracións de Julia Lago
Enigmas: Pidopapas · Ilustracións: Julia Lago.

COLABORACIÓN EDITORIAL

Enigmas en O Papagaio

Desde outubro de 2026, Pidopapas crea enigmas para O Papagaio, con ilustracións de Julia Lago. As primeiras aventuras lévannos á illa de Ons e á Torre de Hércules.

UN CADERNO CREADO EN CONXUNTO

Con Galego para Peques

Un caderno de actividades en galego para 4 anos, feito entre os dous proxectos.

DOCES COLABORACIÓNS

Pidopapas con Quinteiro Doce

Quinteiro Doce incluíu os pasatempos en galego de Pidopapas nas súas caixas de galletas do Samaín.

cadernos pasatempos pidopapas librerias galicia

Atopa os libros na túa libraría

Busca por municipio e pregunta polo teu caderno na libraría de confianza.

obradoiro pidopapas aula

Obradoiros para colexios

Enigmas, mensaxes secretas e probas en equipo para Infantil e Primaria.

Materiais do escape room O Tesouro de Drake

Escape rooms para imprimir

Escolle unha aventura, imprime as pistas e resolve os enigmas en equipo.

Sobre Pidopapas

Empecei imprimindo pasatempos na casa para as miñas peques. Facía cada vez máis, ata que me animaron a xuntalos nun libro: daquela case non había cadernos de pasatempos en galego. Así naceu Pidopapas.