Caderno de actividades en galego para 4 anos.

Un caderno divertido para aprender xogando en galego, con actividades de grafomotricidade, letras, números, formas, lóxica e atención.

Creado en colaboración con Galego para Peques, pensado para nenos e nenas de 4 anos, tanto na casa como na aula.

Inclúe exercicios claros, páxinas en branco e negro e propostas sinxelas para favorecer a autonomía.

Que inclúe este caderno?

  • Actividades de grafomotricidade para practicar o trazo.
  • Letras, números e formas adaptadas a 4 anos.
  • Xogos de atención, lóxica e observación.
  • Páxinas para colorear, unir, contar, repasar e buscar.
  • Códigos QR con cancións e contido en galego para aprender xogando.
portada caderno actividades galego para peques
100% galego

Actividades pensadas para xogar e aprender na nosa lingua.

Para 4 anos

Exercicios sinxelos, visuais e adaptados á idade.

Tamaño folio

Páxinas cómodas para colorear, repasar e escribir.

grafomotricidade
Grafomotricidade

Repasa trazos, segue liñas e practica o control do lapis.

letras montessori
Letras con pautas Montessori

Aprende a escribir letras paso a paso con guías claras e sinxelas.

numeros galego oito
Números e relacións

Conta, une e recoñece números a través de xogos visuais.

torta galego colorear
Colorea e descubre

Segue as cores e completa debuxos mentres te divirtes.

Tamén dispoñibles en máis de 100 librarías galegas.
(Pregunta na túa libraría de confianza)

neno utilizando o caderno
interior caderno galego para peques
grafomotricidade
Pidopapas.com

Pidopapas é un proxecto editorial galego centrado en crear libros de actividades e xogos para nenos e nenas, pensados para aprender mentres se divirten. Nace coa idea de ofrecer alternativas reais ao lecer pasivo, con contidos en galego que fomentan a curiosidade, a lóxica e o uso do idioma desde idades temperás.

Os seus libros combinan retos, pasatempos e experiencias como sopas de letras, xogos de pistas ou escape rooms para imprimir, deseñados tanto para casa como para aula. Ademais, Pidopapas colabora con familias, docentes e librarías de toda Galicia para levar estes materiais a máis de 100 puntos de venda, creando unha rede que impulsa o uso do galego no día a día.

Detrás de Pidopapas está Breixo Mariño Malvido, que aposta por contidos prácticos, accesibles e con valor educativo real. O proxecto busca non só entreter, senón tamén converter o galego nun idioma presente no xogo, na casa e na vida diaria dos máis pequenos.

letras montessori
Galego para peques

Galego para peques é un proxecto educativo en galego creado coa experiencia dunha logopeda. Está pensado para axudar aos nenos e nenas a aprender de forma natural desde pequenos. Nace coa idea clara de facilitar ás familias e docentes recursos útiles, atractivos e adaptados ao desenvolvemento infantil, especialmente nas primeiras etapas.

A través da súa canle en YouTube, ofrecen vídeos con cancións, contos e actividades para aprender cores, números, letras ou vocabulario en galego. Ademais, incorporan pictogramas (CAA) para facer os contidos máis accesibles e inclúen fichas imprimibles para reforzar o aprendido xogando, sen depender sempre das pantallas.

Detrás do proxecto están Álvaro López García e Fátima Suárez Barrantes, que decidiron crear estes materiais ao non atopar recursos en galego para o seu propio fillo. Hoxe, Galego para peques converteuse nunha ferramenta práctica e de confianza para quen quere educar en galego con contidos de calidade e pensados para nenos de verdade.

Librerías con pasatempos de PidoPapas:

LibreríaMunicipioProvincia
Libraría PazPontevedraPontevedra
Espazo Lector Nobel PontevedraPontevedraPontevedra
Clip LibreríaPontevedraPontevedra
LibrouroVigoPontevedra
Vigo de PapelVigoPontevedra
Miol NaviaVigoPontevedra
Espacio Lector Nobel Gran VíaVigoPontevedra
Espacio Lector Nobel O CalvarioVigoPontevedra
VilaferCangasPontevedra
MaraxeCangasPontevedra
A EsmorgaCangasPontevedra
Wells LibrosCangasPontevedra
Librería AbrenteBueuPontevedra
Librería MirandaBueuPontevedra
MarPauBueuPontevedra
Libraría AlboradaMoañaPontevedra
Gamela de PapelMoañaPontevedra
Espazo Lector Nobel MarínMarínPontevedra
Libreria CativosPontecesuresPontevedra
Librería FilgueiraCaldas de ReisPontevedra
Espacio Lector Nobel CambadosCambadosPontevedra
Espacio Lector Nobel ArousaVilagarcía de ArousaPontevedra
Marxe LibraríaA EstradaPontevedra
Libraría CouceiroSantiago de CompostelaA Coruña
Clarión LibraríaCarballoA Coruña
Galgo AzulA CoruñaA Coruña
Espacio Lector Nobel A CoruñaA CoruñaA Coruña
ULA Libraría SocialSerra de OutesA Coruña
Librería BiblosBetanzosA Coruña
Alecrín BetanzosBetanzosA Coruña
Elefantes e CastelosPadrónA Coruña
Vexo VexoOrdesA Coruña
Galiano LibreríaFerrolA Coruña
Central Librera – RealFerrolA Coruña
Libraría EstravizFerrolA Coruña
Cáprica CómicsFeneA Coruña
Librería GaliciaNarónA Coruña
O Muíño do FabalNarónA Coruña
Leria LibrosBertamiráns (Ames)A Coruña
Librería FolerpaBertamiráns (Ames)A Coruña
Librería MáinomenBertamiráns (Ames)A Coruña
Librería AvenidaBoqueixón, VedraA Coruña
Aira das letrasAllarizOurense
OZOCOgzO CarballiñoOurense
Libraría A´NovaOurenseOurense
MamalúaOurenseOurense
Libraría TancoOurenseOurense
Espacio Lector Nobel OurenseOurenseOurense
Libraría MoraimaBarbadásOurense
MercapiliA GudiñaOurense
Librería TramaLugoLugo
Librería LaBiblosLugoLugo
Librería AguirreLugoLugo
Libraría CarballalLugoLugo
Espacio Lector Porta da VilaViveiroLugo
Libraría MagoChantadaLugo
Os FedellosMonforte de LemosLugo
Librería PelayoMonforte de LemosLugo
Entre LibrosMonforte de LemosLugo
Librería AgrasarMonforte de LemosLugo
Librería AmorínRibeiras do Lea – Castro de ReiLugo

Coñeces outra librería onde pensas que as sopas de letras en galego terán boa acollida?
Fálalle deste proxecto ao teu libreiro de confianza!