← Volver ao blog

A escape room da lingua galega, revisada grazas ao profesorado

Unha docente utilizou a escape room da lingua galega de Pidopapas co seu alumnado e, ademais de contarme que funcionara ben, envioume unha lista de erros ortográficos que atopara no material.

Grazas á súa colaboración revisei o documento, corrixín os erros sinalados e preparei unha nova versión do PDF en marzo de 2026.

Caixa da Escape da Lingua Galega cun deseño dunha boca coa lingua das cores da bandeira galega, sobre unha mesa de madeira.

Un xogo para descubrir a historia do galego

Esta escape room imprimible propón coñecer a historia da nosa lingua a través do xogo. Pódese preparar imprimindo e dobrando as follas, tanto para xogar na casa como na aula.

Se xa coñeces a aventura ou queres probala por primeira vez, podes consultar a súa ficha e as opcións de descarga.

Coñece a Escape Room da Lingua Galega