Escape room educativo en galego para colexios e ANPA

Ola!

Mañá, martes 10, vou estar no IES Faro das Lúas de Vilanova de
Arousa
cun novo obradoiro de Pidopapas.

Talleres con caixas e cadeados

E desta vez vou cargado de caixas, cadeados e enigmas. 🔐

A misión do alumnado será escapar das trampas dun trasno que anda facendo das
súas polo monte Lobeira.

Para conseguilo terán que traballar en equipo, interpretar símbolos, descifrar
mensaxes secretas e descubrir a combinación que abre unha caixa misteriosa.

E si, hai caixas e cadeados de verdade!

Unha hora de misterio, risas e cabezas pensando. Todo en galego e sen
pantallas.

Este é un dos obradoiros que levo aos centros educativos, con actividades
adaptadas ás diferentes idades.

E se levamos unha aventura destas ao teu cole?

Tanto os centros educativos como as ANPA poden contratar estes obradoiros. Eu
levo os materiais e encárgome de dinamizar a actividade.

Se che interesa, responde a este correo e cóntoche máis.

E se coñeces algunha ANPA ou profe a quen lle poida gustar, reenvíallo! 😊

Unha aperta,

Breixo

Descargar ficha PDF Talleres con caixas e cadeados