← Volver ao blog

Xincana do Alén en Cangas: 24 comercios convertidos nun xogo

Durante seis días, entre o Concello, os comercios e as familias, convertemos 24 comercios de Cangas en escenarios dunha aventura de Samaín con enigmas, cadeados e mensaxes secretas. A Xincana do Alén reuniu familias arredor dunha proposta para xogar, pensar e utilizar o galego mentres descubrían os establecementos participantes.

14 probas para o sorteo… e ganas de facer as 24

Para participar no sorteo había que resolver correctamente 14 probas. Pero algúns nenos e nenas non querían parar aí: seguían xogando ata completar as 24. As pistas animaban a observar, descifrar códigos, traballar en equipo e percorrer os comercios.

Unha actividade que tamén implicou o comercio local

Na enquisa posterior, todos os comercios que responderon afirmaron que lles gustaría repetir a experiencia. Ademais, repartíronse 500 € en premios para gastar nos propios establecementos.

Podes coñecer máis detalles da iniciativa na web da Xincana do Alén. As familias participantes tamén recibiron unha ficha de xogos do Samaín, que se pode solicitar a través do formulario das actividades do Samaín.

Grazas ao Concello de Cangas, ás asociacións de comerciantes, aos 24 establecementos e ás familias que fixeron posible a aventura.

Organizar unha xincana para un concello ou asociación

Creo experiencias de xogo en galego nas que os comercios se converten en parte da aventura. Se organizas actividades nun concello ou asociación de comerciantes e queres valorar unha proposta semellante, escríbeme.

Montaxe de fotografías de nenos e persoas adultas resolvendo pistas e enigmas durante unha xincana

Actividades de Samaín en galego

Recibe o material de balde no teu correo. Ademais, recibirás novidades de Pidopapas. Podes darte de baixa cando queiras.