← Volver ao blog

Obradoiros en galego para proxectos dos EDLG (PL500A)

Os equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) buscan actividades que axuden ao alumnado a utilizar o galego tamén nos momentos de lecer. Preparo propostas de obradoiros en galego para Infantil, Primaria e ESO que se poden valorar como parte destes proxectos.

Cartel de Pidopapas sobre obradoiros en galego para centros educativos de Infantil, Primaria e ESO.

Obradoiros para proxectos de fomento do galego

En febreiro de 2026, unha docente preguntoume se as miñas actividades externas poderían encaixar no seu proxecto do programa PL500A. Este programa de axudas da Xunta está dirixido a proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos de ensino non universitario.

Adapto as propostas ás idades do alumnado e ao contexto do centro. O encaixe nun proxecto concreto e a posibilidade de financiar a actividade dependen das bases de cada convocatoria e da valoración do centro. Non existe unha garantía automática de subvención.

Como solicitar información para o teu EDLG

Se estás a preparar un proxecto de dinamización lingüística, podes escribirme para solicitar as propostas de obradoiros, co resumo das actividades, idades, formato e condicións.