Que di esa mensaxe secreta? Que combinación abre o cadeado? Nos obradoiros de Pidopapas, cada equipo descifra códigos e comparte pistas para resolver o misterio.
Para centros educativos, ANPA, librarías e entidades. Levo os materiais, dinamizo a actividade e adapto as probas á idade do grupo.

PARA ORGANIZARVOS
O esencial, dunha ollada
Ti reúnes o grupo. Eu preparo os xogos, levo os materiais e guío a actividade.
IDADES
Infantil, Primaria e ESO
Actividades distintas segundo o curso, a idade e a autonomía do grupo.
DURACIÓN HABITUAL
45–60 minutos
Algúns escape rooms precisan 60–90 minutos. A duración concrétase na proposta.
GRUPOS
Arredor de 30 alumnos
Como referencia nos centros educativos. Para familias ou librarías, concretamos o tamaño do grupo e as quendas.
MATERIAIS
Incluídos na actividade
Levo as fichas, pistas e códigos; tamén as caixas e os cadeados cando o xogo os precisa.
DESPRAZAMENTO
Desde Cangas a Galicia
O desprazamento valórase segundo a localidade. Podemos coordinar varias sesións ou centros da mesma zona.
ESPAZO
Cóntame con que contades
Aula, biblioteca, sala ou pavillón: concretamos o espazo segundo a actividade e o tamaño do grupo.
AS PROPOSTAS
Un xogo para cada grupo
Non tes que escoller agora. Cóntame as idades e recoméndoche o formato.

Unha aventura no monte Lobeira
No obradoiro preparado para o IES Faro das Lúas, un trasno deixa pistas e trampas polo monte. Para superalas, o alumnado interpreta símbolos, pon en común as pistas e abre unha caixa con cadeado.
Obradoiros para librarías
Queres organizar unha actividade infantil na túa libraría? Podemos preparar un xogo de pistas ou un obradoiro de enigmas en galego e vinculalo a unha presentación dos cadernos de Pidopapas.
COMO CONTRATAR
Así preparamos o teu obradoiro
01
Cóntame o grupo
Localidade, idades ou cursos, participantes e datas. Se aínda non sabes as quendas que precisas, propoño unha organización.
02
Recibe unha proposta
Concretamos actividade, número de sesións, duración e prezo. O orzamento recolle os materiais e o desprazamento que corresponda.
03
Pechamos os detalles
Acordamos a data, os horarios e o espazo. Nos centros, tamén coordinamos o acompañamento do profesorado segundo a idade do grupo.
Preparamos unha proposta para o teu grupo
Completa os datos principais e cóntame o que tedes en mente. As cantidades poden ser aproximadas e non precisas ter unha data pechada.
Os campos con * son obrigatorios.
Se prefires escribir por correo: info@pidopapas.com. Indica localidade, cursos, participantes e datas.
