Unha busca do tesouro pode converter as rúas e os comercios dunha vila nun espazo de xogo compartido. En maio de 2026 anunciei a Busca do Tesouro de Moaña, unha iniciativa para descubrir o comercio local resolvendo pistas e enigmas.
Como funcionaba a busca do tesouro?
A actividade estaba programada para os días 8 e 9 de maio. As probas xa estaban colocadas nos establecementos participantes o día 7. Para entrar no sorteo de 600 € en premios, as persoas participantes debían resolver un mínimo de dez probas e enviar as respostas.
A entrega de premios estaba prevista para o sábado 9 de maio, na contorna da Praza de Abastos.

22 comercios participantes
Bechos, Fotoestudio Landesa, La Papelería Moaña, Ferretería O Muelle, Hrtelán, NAS&NOS, Cravi Moda, Moda Infantil Vicky, Box Woman, Librería Alborada, Centro Óptico Anteollo, Pincel e Maxia, El Vestidor de Clara, Merca Precio, Din y Don, Opticalia Moaña, Electrodomésticos Moisés Tien21, Mi Casa Moaña, Gamela de Papel, Maikel & Best, Mi+Cota e La Papelería Pocket.
A información orixinal da actividade publicouse na páxina da busca do tesouro de Moaña.
Unha proposta para dinamizar o comercio de proximidade
Este formato propón percorrer distintos negocios, resolver retos e descubrir a vila dun xeito diferente. Pode adaptarse a campañas comerciais e actividades familiares de concellos e asociacións de comerciantes.
Se queres organizar unha actividade deste tipo, escríbeme.
