Categoría: Escape rooms e obradoiros

Descubre os escape rooms educativos, obradoiros e xogos de enigmas de Pidopapas, pensados para aprender, colaborar e divertirse en galego.

Compartimos experiencias en centros educativos, propostas para organizar actividades con caixas e cadeados, xogos de pistas, códigos secretos e retos de lóxica.

Actividades adaptadas a diferentes idades que fomentan a cooperación, a creatividade e a resolución de problemas. Unha maneira de levar o galego ao lecer, tanto na aula como fóra dela.

  • Que se entrega nas escape rooms de Pidopapas?

    Que se entrega nas escape rooms de Pidopapas?

    Un PDF para imprimir en branco e negro.
    Arredor de 16 páxinas.
    Aquí tes as dúas primeiras páxinas.

    • Folio A: con instrucións de montaxe
    • Folio B: primeiro enigma + táboa de códigos
    • Folios con 3 letras para dobrar pola metade.

    Este é un proceso que fomos pulindo ao longo dos anos.
    Sempre nos gustou facer este tipo de caralladas: buscas do tesouro en casas rurais, probas para despedidas de solteiro…
    O noso obxectivo: crear unha experiencia para recordar.
    A nosa evolución: que calquera persoa poida montar unha Escape Room en poucos minutos.

    Exemplo de Folio A:
    Aquí explicamos como montalo (dobrar as páxinas)
    e como empezar (descubrir 3 cifras e buscar as equivalencias na táboa de códigos)
    Tamén explicamos como converter unha Escape Room nunha Busca do Tesouro.

    Instrucións de montaxe dunha escape room imprimible de Pidopapas

    Exemplo de Folio B:
    Esquerda: comezo da historia e primeiros enigmas.
    Dereita: táboa de códigos e equivalencias.

    Folio B das Meigas de Coiro coa historia e a táboa de códigos

    A continuación: os folios dobrados e… a xogar!!

    Folios dobrados e preparados para xogar unha escape room de Pidopapas

    Tes suxerencias de probas ou temáticas?
    Queres montar unha Escape Room co noso sistema?

    Escríbeme e axúdote a preparala 🙂

  • Como preparar unha escape room de Pidopapas

    Como preparar unha escape room de Pidopapas

    Tempo de preparación mínimo.
    A xogar xa!

    Preparei as escape rooms para que poidas montalas de forma fácil e rápida.

    As instrucións son moi sinxelas.
    En menos de 5 minutos xa podes xogar:

    1. Dobras varios folios pola metade.
    2. Comezas a ler o folio “B“

    Xa está?
    Xa está.

    A partir de ler o folio “B”, comezas a buscar 3 números e a súa equivalencia na táboa.
    Cando a atopas, abres o folio con esas 3 letras.
    Así ata o final.

    Nada máis e nada menos.

    E se tamén quero xogar?

    Sen problema, o organizador tamén pode xogar.
    O único é non pararte a ler os folios mentres os estás dobrando.

    E se non sei seguir?

    Todas as Escape Rooms veñen cunha páxina coas solucións a todos os enigmas.
    Por exemplo esta: Pistas Escape Room Meigas

    Que se entrega ao mercar unha Escape Room:

    Aquí podes ver os primeiros folios e explicacións.

    Folios dobrados e preparados para xogar unha escape room de Pidopapas

    Tes suxerencias de probas ou temáticas?
    Queres montar unha Escape Room co noso sistema?

    Escríbeme e axúdote a preparala 🙂

  • Xogando a Escapa-Mamá con peques

    Xogando a Escapa-Mamá con peques

    “Acabo de ler o mail do escape room do Día da Nai e quería saber se o podo imprimir eu mesma para xogar eu cos nenos.”

    “E a segunda pregunta é se eles serán quen de seguir o xogo.”

    Unha nai pregúntame se pode facer a escape cos seus fillos, son dous nenos de 7 e 10 anos, uns heroes sen capa nin antifaz.

    A resposta?

    Sen problema!
    A maioría de probas son fáciles de resolver para nenos e nenas.

    Non fai falta experiencia previa.

    O importante?
    Pasalo ben!

    No caso de facer esta escape con peques,
    unha recomendación:
    monta a busca do tesouro.

    Pasaredes un bo rato correteando pola casa,
    e, resolveredes xuntos cada enigma.

    Aquí tes as instrucións completas para montar unha busca do tesouro:
    https://pidopapas.com/escapa-mama-convertido-en-busqueda/

    Es nai?
    Comparte este artigo cos teus fillos ou coa túa parella para que che preparen esta “sorpresa”😎

    Pista da lavadora na busca do tesouro de Escapa-Mamá

  • De Esca-Papá a Escapa-Mamá: escape room para pais

    De Esca-Papá a Escapa-Mamá: escape room para pais

    Presentación de Escapa-Mamá, a escape room para o Día da Nai

    Primeiro foi Esca-Papá e agora…
    Toca revancha!

    Escapa-Mamá: a Escape Room para o día da nai.

    Podes facer o de sempre,
    darlle o regalo en man.
    Punto.

    Típico.
    Aburrido.

    Ou podes facer que a túa nai se lembre do día no que te pariu…
    Para ben 🙂

    “Se queres o teu regalo… toca chollar!“

    Preparalo é igual de fácil que os anteriores:
    – Imprimes uns folios (en branco e negro).
    – Dobras pola metade.
    – E… xa está!

    Apto para todas as idades.
    Os peques poden axudar 🙂

    https://pidopapas.com/downloads/escapa-mama-escape-room-para-regalarlle-a-tua-nai/

    Es nai? Comparte este artigo cos teus fillos ou coa túa parella para que che preparen esta “sorpresa”😎

  • Pregunta, resposta e… bonus!

    Pregunta, resposta e… bonus!

    O martes chegoume un email de Noelia con dúas mensaxes.

    Por un lado,
    un alago que nos alegrou o día.
    Polo outro,
    unha petición que non puidemos rexeitar:

    …comprei o xogo de Meigas de Coiro, despois de ter feito xa Pirata Drake* e Esca-papá.
    Na nosa casa foron un éxito nun cumpreanos e no día do Pai.
    Así que só che quería dar a noraboa por uns xogos tan entretidos!!!


    Podes imaxinar a miña cara de felicidade.
    Despois continuaba:

    …anímote a dar a opción de transformar Meigas de Coiro nun xogo de búsqueda de pistas, como fixéchedes co de Esca-papá.
    Alonga un pouco máis o xogo, facéndoo inda máis entretido, e axuda a esconder o regalo, e a que o “regalado” o teña que currar para encontrarlo!!!


    Dito e feito.
    A familia de Noelia puido pasar un bo rato correteando pola súa casa.
    E eu, simplemente,
    sentinme máis feliz.

    Escape Room adaptada a Búsqueda do Tesouro.

    pidopapas.com/downloads/as-meigas-de-coiro/

    En abril de 2021, a escape room de Pirata Drake aínda estaba só en castelán: fixéraa o ano anterior. Tiña pendente a versión en galego, aínda non me dera a virada… 🙂

    Pistas impresas das Meigas de Coiro adaptadas a unha busca do tesouro

  • Non me dá a virada…

    Non me dá a virada…

    Participantes nun xogo familiar das Meigas de Coiro

    “Non teño tempo”
    ”A ver cando podo”
    ”Non me dá a virada”

    Ninguén ten tempo.

    Na última comida familiar levamos sobremesa e sorpresa.
    Comemos (cocido!) 🙂
    Tomamos a sobremesa (sempre queda un oco).
    Recollemos un pouco a mesa e…

    Sorpresa!

    Ninguén ten tempo.

    Pero agora todos temos unha boa experiencia,
    un bo rato buscando pistas,
    un orgullo de acertar.
    Algo diferente, especial.

    Ninguén ten tempo.

    Pero agora,
    case sen esforzo,
    podes conseguir crear un bonito recordo.
    Algo fóra da rutina.

    Só tes que imprimir.
    Só 5 minutos de preparación.

  • As Meigas de Coiro: probando…

    As Meigas de Coiro: probando…

    Fotografías da primeira proba das Meigas de Coiro con amigos na terraza

    As meigas da fraga de Coiro están perseguíndovos.
    A vosa vida corre perigo.
    Escapade!

    Meses sen ver a moitos amigos e amigas.
    Sen poder facer vida normal.

    Despois de tanto tempo viñeron 4 de visita.
    Con distancia social e máscaras.

    Bo tempo e terraza.
    Igrexa de Coiro de fondo.

    Eu lles ensinaba os cambios na casa
    (o confinamento deu para moito),
    mentres a miña parella imprimía e dobraba os folios.

    Eran os primeiros en probar a nova Escape Room.

    Montamos unha competición.
    2 contra 2
    Honra para os gañadores.

    O son do bosque de fondo, instrucións e…

    A xogar!

    A primeira parella rematou en 30 minutos (sen pedir pistas).
    A segunda, uns minutos despois con queixas internas
    (non volvo ir contigho!).

    Despois sentámonos e pulimos un pouco máis a Escape.
    Pequenos axustes para que calquera persoa,
    con ou sen experiencia,
    entenda o xogo.

    Hoxe esta Escape Room está dispoñible.

    Aquí: pidopapas.com/downloads/as-meigas-de-coiro/

    Podes xogar as veces que queiras e con varios grupos de amigos. Naquela primavera de 2021 faciámolo con precaución e máscaras.

  • Pides papas?

    Pides papas?

    Comecei Pidopapas.com para compartir as escape rooms e buscas do tesouro que montabamos para a familia e os amigos.

    En papel, porque xa pasamos bastante tempo diante de pantallas.

    En galego, por que non?

    Comezamos con dúas escape rooms moi completas coas que podes pasar un bo rato.