Libros de pasatempos en galego
Sopas de letras, labirintos, enigmas e xogos de diferenzas para gozar do galego no tempo libre. Busca un caderno pola idade de quen vai xogar ou polo tema que máis lle guste.
Escolle o teu caderno


Todo o ano
A partir de 4 anos
De colorear e buscar as primeiras palabras a resolver retos de lóxica.



Para adultos
Letra grande
Máis de 70 xogos en galego. Comeza cunha sopa de letras e segue co reto que che apeteza.
Que caderno escoller segundo a idade?
A idade é unha orientación. Mira as mostras do interior e escolle o nivel que mellor encaixe.
4 anos
Galego para Peques
Primeiros trazos, letras e números, para xogar con acompañamento.
4–6 anos
As primeiras palabras
Grellas pequenas para buscar palabras, debuxar e practicar os trazos.
7–8 anos
Un pouco máis de reto
Grellas máis grandes e pequenos retos de lóxica para quen xa le con soltura.
9+ anos
Máis xogos por descubrir
Sopas de letras, labirintos e mensaxes cifradas para alternar entre retos.
Para persoas adultas: pasatempos en galego con letra grande.
Para xogar en grupo: escape rooms en galego para imprimir.
Colaboracións e referencias

COLABORACIÓN EDITORIAL
Enigmas en O Papagaio
Desde outubro de 2026, Pidopapas crea enigmas para O Papagaio, con ilustracións de Julia Lago. As primeiras aventuras lévannos á illa de Ons e á Torre de Hércules.
UN CADERNO CREADO EN CONXUNTO
Con Galego para Peques
Un caderno de actividades en galego para 4 anos, feito entre os dous proxectos.
DOCES COLABORACIÓNS
Pidopapas con Quinteiro Doce
Quinteiro Doce incluíu os pasatempos en galego de Pidopapas nas súas caixas de galletas do Samaín.
Atopa os libros na túa libraría
Consulta os puntos de venda por municipio e pregunta polo teu caderno.
