Caderno de actividades do verán en galego

Pasatempos e actividades para nenos e nenas a partir de 9 anos.

Este caderno reúne 75 xogos variados en galego pensados para acompañar as vacacións: sopas de letras, labirintos, busca diferenzas, mensaxes con símbolos, actividades para pintar, contar, relacionar e moito máis.

Un libro práctico para levar de viaxe, á praia, á aldea ou para ter na casa neses momentos nos que apetece facer algo tranquilo cun lapis na man.

Cada páxina propón un pequeno reto relacionado co verán, Galicia, a natureza, a praia, os xogos, as viaxes ou o tempo libre.

caderno actividades veran galego

A través deste caderno, os nenos e nenas poderán:

  • Reforzar a ortografía e gramática en galego de maneira natural, xogando con palabras, imaxes e pequenos retos.
  • Practicar a atención e a lóxica con sopas de letras, labirintos, pasatempos visuais e actividades variadas.
  • Gozar dunha alternativa sinxela para momentos tranquilos durante as vacacións.
  • Gañar autonomía, porque as actividades son claras, visuais e fáciles de entender.
  • Completar pequenos retos páxina a páxina sen sensación de estar facendo deberes.
  • Descubrir palabras, expresións e temas relacionados co verán en galego.
100% galega

Feito en Galicia e en galego.

Un caderno creado por Pidopapas para xogar co galego de maneira natural.

A partir de 9 anos

Pensado especialmente para nenos e nenas a partir de 9 anos.

Tamén pode resultar axeitado para lectores algo máis novos se xa teñen soltura cos pasatempos.

Tamaño grande

Formato aproximado A4, con letra grande e actividades cómodas de resolver.

sopa de letras froitas en galego
75 xogos variados

Inclúe sopas de letras, labirintos, busca diferenzas, mensaxes con símbolos, actividades para pintar, contar, relacionar e máis retos.

Cada páxina propón algo distinto para que o caderno manteña ritmo durante todo o verán.

solucions sopas palabras galegas
Actividades de verán

Praia, natureza, viaxes, xogos, froitas, deportes, festas, sendeirismo, mar, animais e moitos outros temas relacionados coas vacacións.

Só fai falta un lapis e ganas de xogar.

certificado de finalizacion de sopa de letras
Feito en Galicia e en galego

Pasatempos claros, divertidos e pensados para que os nenos e nenas xoguen co galego de maneira natural.

Un libro de actividades creado en Galicia para aprender sen que pareza deberes.

Pulsa para comprar agora:

Colaboradoras:

As miñas fillas prestáronse a facer os debuxos das páxinas interiores.

Así da gusto traballar!

sopa de letras galego veran
caderno actividades galego veran
caderno pasatempos galego veran