Pidopapas leva os seus enigmas á revista infantil Papagaio

Pidopapas comeza unha colaboración coa revista infantil Papagaio para levar enigmas en galego a máis rapazas e rapaces. Desde outubro de 2026, os retos creados por Pidopapas e ilustrados por Julia Lago convidan a observar, razoar e buscar solucións mentres se xoga.

Os dous primeiros enigmas de Pidopapas en Papagaio

  • Outubro: «O bocata desaparecido». Durante unha excursión á illa de Ons, desaparece misteriosamente un bocadillo. Hai varias persoas sospeitosas: quen será a persoa responsable?
  • Novembro: «O faro que non quería acender». A aventura lévanos á Coruña, onde un faro se nega a iluminar a noite. Conseguirán resolver o misterio?
Exemplares da revista infantil Papagaio, un deles sostido nas mans, xunto ao logotipo de Pidopapas

Máis espazos para xogar en galego

A colaboración con Papagaio é unha maneira de achegar os enigmas a novas lectoras e lectores e de facer que o galego tamén estea presente nos momentos de diversión. Os xogos propoñen prestar atención aos detalles, pensar e compartir hipóteses.

Se queres descubrir máis propostas para xogar na casa ou na aula, podes coñecer os libros de pasatempos en galego de Pidopapas.