← Volver ao blog

As actividades do Samaín de Pidopapas nas caixas de Quinteiro Doce

Os pasatempos en galego poden chegar ás familias de moitas maneiras. Unha delas foi o que fixemos desde Pidopapas e Quinteiro Doce: as actividades do Samaín que preparei tamén se incluíron nas caixas de galletas da súa edición especial de Samaín.

Colaboración de Quinteiro Doce e Pidopapas para o Samaín

Unha colaboración arredor do Samaín e do galego

Preparei un pequeno libriño de actividades para que a rapazada descubrise esta tradición resolvendo pasatempos e xogos en galego, tanto na casa como na aula.

Quinteiro Doce encargouse de imprimir as actividades e incorporalas ás caixas da edición de Samaín. Deste xeito, os xogos chegaron tamén a familias a través dun produto do comercio local.

Conseguir as actividades do Samaín

As actividades tamén están dispoñibles para quen queira imprimilas e xogar. Solicita as actividades gratuítas do Samaín no formulario de Pidopapas para recibilas por correo electrónico.

Grazas a Quinteiro Doce por contribuír a levar os xogos e as tradicións galegas a máis familias.

Composición de fotografías dun libriño de actividades do Samaín en galego con páxinas de pasatempos