As Meigas De Coiro – Probando…

escaperoom-meigas-collage

As meigas da fraga de Coiro están perseguíndovos.
A vosa vida corre perigo.
Escapade!

Meses sen ver a moitos amigh@s.
Sen poder facer vida normal.

Despois de tanto tempo viñeron 4 de visita.
Con distancia social e mascarillas.

Bo tempo e terraza.
Iglesia de Coiro de fondo.

Eu lles ensinaba os cambios na casa
(o confinamento deu para moito),
mentres a miña parella imprimía e dobraba os folios.

Eran os primeiros en probar a nova Escape Room.

Montamos unha competición.
2 contra 2
Honra pros gañadores.

O son do bosque de fondo, instruccións e…

A xogar!

A primeira parella rematou en 30 minutos (sen pedir pistas).
A segunda, uns minutos despois con queixas internas
(non volvo ir contigho!).

Despois sentámonos e pulimos un pouco máis a Escape.
Pequenos axustes para que calquera persoa,
con ou sen experiencia,
entenda o xogo.

Hoxe esta Escape Room está dispoñible.

Aquí: pidopapas.com/downloads/as-meigas-de-coiro/

PD: podes xogar as veces que queiras e con varios grupos de amigos (sempre con precaución e mascarillas…)