← Ver todos os escape rooms

As Meigas de Coiro

ESCAPE ROOM EN GALEGO · PDF PARA IMPRIMIR

Un paseo pola fraga de Coiro que se converte nun misterio.

As meigas están a perseguirvos. Para escapar, o grupo terá que interpretar códigos e resolver enigmas. Preparei esta aventura para xogar en familia, entre amigos ou nun aniversario.

A partir de 8 anos · 2–6 xogadores por grupo · 30–45 minutos orientativos · Dificultade media-baixa

Produto dixital: recibirás ficheiros para imprimir, sen envío físico.

escape room meigas coiro

Que inclúe?

  • 16 páxinas para imprimir en branco e negro.
  • Instrucións de montaxe e indicacións para convertelo nunha busca do tesouro.
  • Táboa de códigos e páxinas cos enigmas do xogo.

Como se prepara?

Materiais: o PDF impreso en branco e negro, papel e bolígrafo.
Montaxe básica: dobra os folios pola metade e comeza polo folio B. Cos folios xa impresos, a guía xeral indica unha preparación de menos de 5 minutos.
Se tamén queres xogar: non leas os enigmas mentres dobras as follas. Se prefires unha busca do tesouro, segue as indicacións da descarga para adaptar a montaxe.

Ver as instrucións de montaxe →

Ver como son os materiais →

Se quedades atascados…

Hai pistas para continuar sen ter que abandonar a aventura. Ábreas só cando as necesites: conteñen axudas e poden revelar solucións.

Exemplos de montaxe e partidas de Pidopapas

Estas fotografías amosan materiais e partidas de distintas aventuras de Pidopapas; non todas corresponden a este xogo.

Acceso ás pistas dunha escape room de Pidopapas
Exemplo dunha partida de escape room de Pidopapas
Instrucións de montaxe dunha escape room de Pidopapas
Táboa de códigos e primeira proba dunha escape room
Folios impresos e dobrados para preparar o xogo
Participantes resolvendo unha escape room por parellas
Exemplo de xogo ou material imprimible de Pidopapas
Exemplo de xogo ou material imprimible de Pidopapas
Exemplo de xogo ou material imprimible de Pidopapas
Exemplo de xogo ou material imprimible de Pidopapas
Material imprimible de Pidopapas
Unha partida de Escapa Papá

Antes de comezar

Como recibo o xogo?

A descarga habilítase cando o pagamento queda confirmado. Os métodos de confirmación automática permiten acceder directamente; a transferencia ou Bizum requiren comprobación manual. Consulta as opcións dispoñibles ao finalizar a compra.

Necesito internet para xogar?

O xogo faise en papel. Só precisas conexión se queres consultar as pistas en liña.

Podemos xogar varios grupos?

Si. Podes imprimir unha copia por grupo e xogar en paralelo, por exemplo na aula, nun aniversario ou nunha reunión de amigos.