Trátase dalgo do que non podes escapar.
Se se che ocorre ir ao super con peques seguro que che insistiron en mercar un calendario de advento.
Xa sexa onde os turróns ou na caixa, hai calendarios de advento de mil tipos, cores e marcas recoñecidas ou marcas brancas…
Iso si, a gran maioría coinciden nunha cousa…
azucre.
Chocolatinas, galletiñas, caramelos…
E a mesma historia repetida ata o 24 de decembro.
E non será mellor vivir momentos diferentes cada día que comer o mesmo con forma distinta?
No calendario de advento que preparei non hai chocolatinas.
Nada de azucre.
O premio son vales para facer cousas en familia:
dende un día de cine caseiro ata un paseo pola natureza, dende preparar as galletas xuntos ata un picnic ao lado da árbore de Nadal.
Pequenas experiencias que nos fan desfrutar do que realmente importa:
o tempo xuntos.
Se queres saír da rutina e crear experiencias que perduren máis alá do Nadal, este calendario é para ti:

Ademais dos enigmas e das caixas, o calendario inclúe:
- 24 vales para imprimir e utilizar directamente
- un modelo para imprimir e inventar vales personalizados
Onde?
