CALENDARIO DE ADVENTO EN GALEGO
Un enigma cada día para frear as trasnadas de Traste.
Trasno Traste quere fastidiar o Nadal. Cada día, nenos e nenas terán que resolver un enigma para que non se saia coa súa. Unha aventura en papel para compartir en familia.
A partir de 6 anos · 24 enigmas · PDF en galego
PDF descargable. Sen envío físico.

Que inclúe a descarga?
- 24 enigmas e un documento coas solucións.
- Instrucións e 24 lugares comúns da casa para preparar a busca do tesouro.
- 24 adornos e un calendario onde pegalos.
- Vales de experiencias e modelos en branco para personalizar.
- 24 caixas recortables para colorear e montar.
Así o preparas
- Imprime os enigmas e os complementos que vaias usar.
- Recorta os adornos e prepara os agochos seguindo a guía.
- Entrega un enigma ao día e deixade que comece a busca.
Podes complementar o calendario con chocolate ou empregar só os vales: ti decides os agasallos.
Unha ollada aos materiais







Preguntas antes de escoller
Cada día entrega un enigma. Ao resolvelo, a rapazada pode buscar o adorno ou o agasallo no lugar indicado. Podes empregar os vales de experiencias ou preparar as túas propias sorpresas.
Os enigmas teñen distintos niveis de dificultade. A maioría pódense resolver a partir de 6 anos; adapta a axuda á idade e á experiencia de cada crianza.
Si. Poden resolver os enigmas xuntos, alternar as quendas ou imprimir unha copia para cada crianza.
Non. Escolle os elementos que vaias utilizar. Para as caixas e os adornos necesitarás tesoiras e, segundo a montaxe, pegamento. Tamén podes usar sobres ou un calendario caseiro.
Non. É un produto dixital para imprimir na casa ou nunha copistería. Os doces, xoguetes ou outros agasallos que queiras engadir non están incluídos.
A descarga habilítase cando o pagamento queda confirmado. Se escolles un método con comprobación manual, como transferencia ou Bizum, terás que agardar á súa validación.
