Desde Pidopapas e Galego para Peques comezamos a traballar xuntos coa intención de levar ao papel unha maneira de aprender en galego adaptada ás crianzas. O caderno propón actividades para practicar o trazo e gañar soltura coa man a través do xogo.
Practicar o trazo sen presión
Galego para Peques traballa con contidos que presentan as cousas de forma sinxela. Ao trasladar ese enfoque ao papel, buscamos actividades que permitan avanzar pouco a pouco, sen converter o xogo nunha obriga.
- Practicar a coordinación da man.
- Familiarizarse cos trazos.
- Gañar confianza a medida que se realizan as actividades.
A estrutura do caderno foi revisada por unha logopeda. O propósito é acompañar a aprendizaxe, respectando o ritmo de cada crianza.

Podes coñecer o seu traballo na canle de Galego para Peques e consultar o caderno de actividades en galego para 4 anos.
