En maio de 2026 chegaron da imprenta Sacaúntos os primeiros exemplares do caderno de actividades en galego para 4 anos, que creamos desde Pidopapas e Galego para Peques. Despois de tantas revisións na pantalla, por fin tiñamos o libro nas mans.
Os primeiros exemplares nas librarías
Ese mesmo día deixamos algunhas unidades en librarías de Cangas. A distribuidora Arnoia tamén recibiu unha remesa para comezar a distribuílo por Galicia.
Ver un caderno de actividades en galego nun andel dunha libraría é o resultado de moitas horas de traballo e da colaboración entre familias, docentes e librarías que axudan a dar a coñecer estes materiais.
Como atopar o caderno
O caderno está pensado para que as crianzas de 4 anos xoguen e aprendan en galego, na casa ou na aula. Se che interesa, podes preguntar por el na túa libraría de confianza; a dispoñibilidade depende de cada establecemento.
Coñece o caderno de Galego para Peques e Pidopapas e consulta a información sobre os puntos de venda.

