Adaptamos de Escape Room a unha Búsqueda do tesouro ou gynkana.
Trátase de esconder as pistas en diferentes lugares da casa para que a túa nai teña que buscar.
Pasos a seguir:
1-Recortar última páxina pola liña 1 (-.-.-); doblar pola 2 (…..) ata o 3.
2-Escribir:
Busca: na habitación; no forno; na lavadora; no baño… onde queiras e tan difícil como queiras! 🙂
3-Colocar as tarxetas pequenas enriba da mesa
(mostrando só as 3 letras!).
4-Esconder as tarxetas grandes nos rincóns da casa que escribiche.
OLLO! Asegúrate que coincidan.
Se a tarxeta pequena “PET” manda buscar “na cociña”.
A tarxeta grande con pistas “PET” debe esconderse na cociña…
Dinámica:
Os xogadores irán resolvendo as diferentes pistas (nas páxinas A+B e nas tarxetas grandes).
Coa resolución dos enigmas (3 números) e a tabla de códigos (equivalencia de números a letras),
terá que abrir as tarxetas pequenas.
As tarxetas pequenas a levarán a buscar os enigmas escondidos na casa…
Ata a tarxeta final!
Se inda non a tes… a qué esperas?
PD: válido para todas as Escapes dispoñibles en pidopapas.com:
O Tesouro de Drake
O historiador John Cummins descubriu a localización do botín pirata que o pirata Francis Drake ocultou nunha das súas expedicións.
Poderás descifrar os seus códigos e localizar o seu tesouro?
As Meigas de Coiro
As meigas da fraga de Coiro están perseguíndovos.
A vosa vida corre perigo.
Escapade!
A casa enmeigada
Unha Escape Room para celebrar o Samaín!
Festa nunha casa embruxada o día de Defuntos: con meigas, pantasmas, calacús… atréveste?
Escapa-Mamá
Escapa-Mamá: unha Escape Room para o día da nai.
Para todos os fillos que queiran poñer a proba as súas nais.
Para todos os pais que queiran poñer a proba as súas parellas.
María Soliña (próximamente)
Próximamente unha Escape Room sobre a vida de María Soliña. Deixa aquí o teu email e a poderás conseguir coa oferta de lanzamento: