As meigas da fraga de Coiro están perseguíndovos.
A vosa vida corre perigo.
Escapade!
2 a 6 xogadores
Podes imprimir máis para varios grupos en simultáneo.
30-45 minutos de xogo
A partir de 8 anos
Dificultade media-baixa
As Meigas de Coiro estan buscándovos, escapade!
A idea inicial era disfrutar dun tranquilo paseo pola fraga de Coiro e, quen sabe, facer algún xogo divertido. Pero conforme avanzaba a tarde, algo comezou a sentirse raro.
Os sons que comezaron a escoitarse na fraga, ocultos nas sombras da noite, fixéronnos saltar os corazóns. Risos, susurros e misteriosos ruidos que nos rodeaban facían que a nosa decisión de aventurarnos alí se tornara cada vez máis inquietante.
A cada paso que dábamos, o misterio que envolvía as Fragas de Coiro ía desvendándose pouco a pouco, pero a tensión non diminuíu. Sentímonos atrapados entre as sombras e os misterios, pero tiñamos a esperanza de saír ilesos.
Esta Escape Room está deseñada especialmente para pequenos aventureiros a partir de 8 anos.
“As Meigas de Coiro” é unha Escape Room perfecta para grupos de amigos, familias e festas de aniversario. Os nenos non só quitarán recordos inesquecibles, senón tamén habilidades de resolución de problemas e traballo en equipo que lles servirán na vida cotiá.
Qué inclúe esta Escape Room?
- 16 páxinas para imprimir en blanco e negro.
- 1 páxina con instruccións de montaxe + Montaxe de Búsqueda do tesouro
- 1 páxina con códigos
- Páxinas con enigmas para completar o xogo
- Máis detalles aquí (qué se entrega nas nosas Escape Rooms?).
Cómo preparar esta Escape Room de bruxas?
- Imprimir páxinas (branco e negro)
- Dobrar folios pola metade
- Ter papel e boli a man.
- Comezar a ler o folio “B”
- Máis detalles aquí (Cómo preparar unha Escape Room de PidoPapas).
Descarga
Recibe a túa Escape Room ó instante
Imprime
Unhas poucas páxinas co xogo
Prepara a túa aventura
Sigue o Paso a Paso para montar a túa propia Escape Room
¡Xoga!
Para parellas e grupos.
Fácil de xogar, ollo que engancha!
Pides Papas?
No caso de que quedes atrancado nalgunha proba, tes unha páxina de pistas para poder continuar aquí:
Pistas “As Meigas de Coiro” (ollo spoilers)
A descarga é automática cando realizas o pago con Tarxeta ou Paypal.
Se o vas con Bizum ou Transferencia tardará o que tarde en comprobalo e poida enviala (sería raro que pasasen máis de 24 horas).
Esta Escape Room é tan fácil de preparar como imprimir e doblar uns folios, non ten maior complicación.
Aquí tes unha explicación máis detallada: Cómo preparar unha Escape Room de PidoPapas
Un pdf para imprimir en branco e negro con todas as instruccións de montaxe e táboa inicial de códigos.
Aquí máis detalles: Qué se entrega nas nosas Escape Rooms?
Instruccións de montaxe:
Proba inicial + Táboa de códigos:
Xogo montado:
Teñen xogado grupos de rapaces a partir de 7 anos acompañados dun adulto para dúbidas puntuais.
É moi habitual que a utilicen profes nas súas aulas.
Só é necesario para ver as pistas. Pódese acceder a elas a través do móbil.
Sí, podes imprimir de forma ilimitada. Hai profes que imprimen varias Escapes para que xoguen de forma simultánea todos os alumnos da aula.
O mesmo para competicións entre grupos de amigos nunha casa rural: