← Volver ao blog

Xa non estamos no tempo da «letra con sangue entra»

Durante moitos anos repetíase aquilo de «La letra con sangre entra». Aprender era sinónimo de esforzo duro, disciplina férrea e, ás veces, ata dor.

Pero creo que hai outro camiño, no que a curiosidade e o xogo teñen un papel fundamental.

Sobre iso trataba a charla que o Ateneo Areas Gordas anunciou para o 9 de agosto de 2025, ás 20:00, no Chiringo de Massó, en Cangas.

Cartel ilustrado da charla Xogar e aprender, anunciada para o 9 de agosto no Chiringo de Massó.

Podes ler como foi a conversa en Xogar é aprender: unha conversa sobre o xogo e o galego en Cangas.