O 9 de agosto de 2025 tiven a sorte de estar no Chiringo de Massó, en Cangas, convidado polo Ateneo Areas Gordas, para falar dun tema que parece simple… pero que canto máis o pensas, máis complexo é:
Xogar é aprender.

O xogo como forma de aprender e relacionarnos
Fran empezou rompendo o mito:
«O xogo non é un luxo, é unha necesidade. É crecer, relacionarse… e ser máis humanos.»
E dende aí viaxamos por moitas ideas:
- Que o xogo é liberdade, cultura e, ás veces, ata subversión.
- Que no teatro e no xogo representamos vidas, ensaiamos empatía.
- Que o galego tamén precisa espazos para rir e xogar, non só para exames e papeis oficiais.
Por que creo xogos en galego
Eu aproveitei para falar de Pidopapas e de como os meus xogos e libros en galego buscan xerar esa chispa: emoción + comunidade + lingua.
Porque un neno que xoga en galego está normalizando o seu uso, pero sobre todo, estase divertindo.
E si, rematamos lembrando algo que deberiamos tatuar na axenda:
Xogar non é perder o tempo. É gañalo.
