← Volver ao blog

Tres libros de outono que non levan pilas

O outono chegou. Os nenos están inquietos. O parque está mollado. E a túa paciencia tamén.

Xa xogaron coas follas, xa fixeron un magosto… e agora estás ti pensando: «E se lles dou algo que os entreteña sen facer ruído, sen pedir contrasinais e sen anuncios de xoguetes cada dous minutos?»

Pois si. Existe.

No outono de 2025 presentei tres libros de sopas de letras en galego para diferentes idades:

  • 4-6 anos: letras grandes, debuxos para pintar e palabras do outono.
  • 7-8 anos: sopas de letras, xogos e labirintos.
  • A partir de 9 anos: sopas máis complicadas para quen xa controla.

Non teñen ruído, non precisan actualizacións e non gastan batería.

Collage das portadas dos libros de outono e exemplos de labirintos, xogos e debuxos.

Podes consultar os Cadernos do Outono e conseguilos na túa libraría ou en liña.