En novembro de 2025, sen eu dicir nada, unha das miñas fillas preguntoume:
— Papá… este ano tamén vai haber proba cada día?
E aí decateime dunha cousa: o calendario de Advento que fixeramos na casa xa se convertera nun costume. Un deses recordos que quedan.
O Nadal anterior, cada tarde ao volver do cole, había cinco minutos distintos: misterio, risas, pensar e correr na procura do agasallo.
E iso quedou.
Un enigma cada día de Advento
Así que si, volvémolo facer. Fácil, sen complicacións: imprimir e cortar folios pola metade.
Cinco minutos de misterio, de pensar, de rir e de intriga por resolver o enigma e conseguir o agasallo.
Os calendarios de Advento de Pidopapas conteñen 24 enigmas, retos e pequenas misións que nacen do xogo, pero rematan en conversas, risas e momentos en familia. En 2025 xa tiñamos dúas edicións diferentes.

Non che digo que estea mal un calendario con chocolate (pode ser complementario…).
Só che digo que hai tradicións que se poden inventar. E ás veces comezan cun papel impreso e unha pregunta:
— Papá, cal é a proba de hoxe?
Aquí podes consultar os calendarios de Advento de Pidopapas.
