← Volver ao blog

Sopa de letras sobre prevención de incendios en galego

Falar da prevención dos incendios forestais tamén pode comezar cun xogo. Preparei unha sopa de letras en galego para imprimir e utilizar como punto de partida dunha conversa sobre o coidado dos nosos montes.

Unha actividade para falar dos incendios forestais

Unha sopa de letras parece unha proposta sinxela: buscar palabras agochadas e completar un pequeno reto. Pero esas palabras permiten introducir preguntas importantes sobre a responsabilidade individual e colectiva na protección da contorna.

É un recurso que podes empregar na casa, na aula ou nun campamento, adaptando a conversa á idade das persoas participantes.

Preguntas para continuar o xogo

  • Que comportamentos debemos evitar para reducir o risco de incendios?
  • Por que é importante avisar axiña aos servizos de emerxencia se vemos un posible incendio?
  • Que significa coidar o monte antes de que apareza o lume?

O máis interesante é aproveitar a actividade para escoitar as respostas, descubrir vocabulario en galego e falar do noso territorio.

Conseguir a sopa de letras gratuíta

Se queres utilizala, podes solicitar a ficha gratuíta de prevención de incendios a través do formulario de Pidopapas e recibila por correo electrónico para imprimila.

Sopa de letras en galego sobre a prevención dos incendios forestais

Sopa de letras: prevención dos incendios

Recibe o material de balde no teu correo. Ademais, recibirás novidades de Pidopapas. Podes darte de baixa cando queiras.