Un paseo polo monte pode dar pé a un xogo de vocabulario en galego. Que animais poderían vivir aquí? Un raposo, un xabaril, unha serpe… e un pingüín?
Dunha conversa así coas miñas fillas naceu esta sopa de letras de animais salvaxes en galego. O reto é atopar os animais agochados e pensar cales encaixan na fauna do monte galego.
Como xogar coa sopa de letras
Busca os nomes dos animais e, ao atopalos, comenta cos demais participantes se poderías velos no monte en Galicia. Se hai algunha dúbida, podedes investigar xuntos onde vive ese animal.

