Algo mellor que aprender mentres xogas?
Descubre o lugar perfecto para atopar libros de pasatempos en galego que combinan diversión e aprendizaxe para todas as idades!
Cautivarás aos máis pequenos da casa con actividades únicas, deseñadas para estimular a súa curiosidade e creatividade mentres afianzan o seu galego.
Estes libros ofrecen unha ampla variedade de actividades, incluíndo sopas de letras, labirintos, debuxos para colorear, enigmas matemáticos e xogos para buscar diferenzas.
Ademais, están organizados por temáticas: verán, Nadal, outono e actividades variadas para todo o ano.
Fai o teu pedido agora e transforma o tempo libre en momentos máxicos de aprendizaxe e divertimento!
Sopa de letras Infantil
Temática Variada.
Sopa de letras – Verán
Para disfrutar durante as vacacións.
Sopa de letras – Outono
3 variantes para diferentes idades.
Sopas de letras – Nadal
3 variantes para diferentes idades.
Pasatempos para todas as idades
Cada libro está pensado para entreter e educar, adaptándose a diferentes idades e intereses.
Imaxina momentos de diversión sen fin para os máis pequenos, cunha experiencia que mellora a súa capacidade de concentración, lóxica e creatividade.
Cada libro é unha ferramenta educativa que fomenta o uso do galego dun xeito natural e entretido, perfecto para acompañar as estacións do ano ou festividades especiais.
Non agardes máis para levar estes libros á túa casa ou para agasallalos a quen máis queres!
100% galega
Feito na casa.
A partir de 4 anos
Libros adaptados a diferentes idades.
Tamaño folio
Con letra grande, adecuada para rapaces.
A través destes libros o teu fillo/a:
- Reforzará a aprendizaxe escolar: mellorando a ortografía e gramática en galego.
- Estimulará o seu cerebro: facer unha sopa de letras require que os nenos identifiquen patróns e asociacións entre letras.
- Impulsará a concentración: para buscar nunha sopa de letras hai que concentrarse, os peques melloran así a atención ós detalles e a súa capacidade de concentración.
- Mellora da autoestima: cada nova palabra descuberta é unha pequena victoria para os descubridores de palabras.
- Diversión sen pantallas: sopas, colorear, unir puntos, labirintos…
- Un tamaño adecuado para rapaces: letra grande e tamaño aproximado dun folio A4 (21.5x28cm)
- Máxima calidade 100% galega.
Queres ser distribuidor?