← Volver ao blog

Púxenlle cara a Pidopapas (con algo de nervios)

Hai decisións importantes na vida:
– publicar un libro
– imprimilo
– envialo a librarías
– e a máis arriscada de todas: saír en cámara

O 16 de decembro de 2025 atrevinme con esa última.

En colaboración con Orgullo Galego, gravei un vídeo no que
conto algo que nunca explicara así:
👉 como naceron os libros de Pidopapas,
👉 por que son como son,
👉 e que hai realmente dentro (máis alá de sopas de letras e retos).

É a primeira vez que aparezo eu falando diante dunha cámara.

Non foi á primeira toma.

Nin á segunda.

Pero sobrevivín, que xa é mérito suficiente.

O vídeo xa está publicado en redes e tamén o deixei na web para que o poidas ver con calma, sen scroll nin distraccións.

Se algunha vez pensaches:

“isto non parece un libro normal”

neste vídeo explícase o porqué.

E se nunca lle puxeras cara a quen está detrás de Pidopapas…
este é o momento “ah, vale, é este” 😄

Grazas por estar ao outro lado, por apoiar proxectos feitos con tempo, idioma e unha cantidade moderada de nervios.

(Pidopapas, agora tamén en formato humano)

pidopapas nadal