En decembro de 2025 recibín unha nova que me fixo especial ilusión: Pidopapas apareceu como lectura recomendada do Nadal na Guía de lecturas e pasatempos para Infantil, Primaria e Familias, elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP da Cruz coa colaboración do Consorcio Editorial Galego.
Que uns libros creados para xogar en galego acaben recomendados desde un centro educativo é unha enorme alegría.
Quero dar as grazas ao equipo, ao centro e ao Consorcio Editorial Galego por contar con Pidopapas nesta guía.
A guía publicouse no Portal da Lingua Galega.

