← Volver ao blog

Moito que agradecer: así foi o 2025 de Pidopapas

Ao comezar 2026, quería parar un intre para dicir algo sinxelo pero importante: grazas.

Un ano no que Pidopapas saíu moito de casa

En 2025 houbo charlas e obradoiros no Culturgal, unha Xincana do Alén no Concello de Cangas chea de risas, libros que chegaron a máis de 100 librarías de Galicia, recomendacións lectoras feitas desde os coles e novos pasos importantes grazas aos acordos con Sacauntos e co Consorcio Editorial Galego.

Nada disto pasa por casualidade. Pasa porque hai familias, librarías, profes e persoas que cren que xogar, pensar e aprender en galego paga a pena.

Así que quero darche as grazas por estar aí, por apoiar, por compartir e por formar parte do camiño.

Imos a por un 2026 con máis palabras, máis xogos e máis galego 💚

Déixoche aquí un vídeo resumo do meu 2025!

Collage de charlas e actividades infantís de Pidopapas no Culturgal