← Volver ao blog

Pidopapas e AFAN Burela: pasatempos para unha campaña sobre o Alzheimer

Unha proposta que me chegou desde Burela acabou converténdose nun traballo compartido: desde Pidopapas e AFAN Burela creamos actividades en galego para unha campaña de sensibilización arredor do Alzheimer.

Unha idea que naceu dunha conversa

Gema, psicóloga e coordinadora da asociación, contactou comigo porque utilizaban os meus pasatempos con persoas con Alzheimer e nos seus grupos de prevención.

Para a campaña do mes do Alzheimer propuxeron preparar actividades dirixidas a nenos e persoas adultas que traballasen habilidades como a memoria, a atención ou a linguaxe.

Fichas creadas e revisadas en colaboración

Eu elaborei os primeiros materiais. O equipo de AFAN probounos e trasladou indicacións sobre a dificultade e os contidos, que serviron para axustar as fichas.

As persoas usuarias da asociación participaron na preparación e empaquetado dos lotes nos seus obradoiros. A campaña chegou a máis de 50 comercios de Burela, co obxectivo de recadar fondos e dar a coñecer o labor da entidade.

Podes coñecer a iniciativa no perfil de AFAN Burela en Instagram.

Proxectos que nacen de necesidades reais

Se formas parte dunha entidade e tes unha idea para crear materiais en galego xuntos, podes escribirme.

Cartel violeta da campaña de sensibilización de AFAN Burela polo Día Mundial do Alzheimer con materiais da actividade

Para seguir xogando na casa, consulta tamén os cadernos de pasatempos en galego para persoas adultas.