Falamos de cambiar as dinámicas.
De conseguir que, a través dun pequeno esforzo, os peques logren unha recompensa.
Como resultado, a súa experiencia será moito máis agradable.
O habitual nos calendarios actuais é comer unha chocolatina por día, sen esforzo.
Se é que non son dos tragóns que papan máis dunha de seghido (pensa o ladrón…).
A dinánica deste calendario é diferente, máis divertida e tamén con premios:
- Un enigma por día
- Un lugar onde esconder os regalos
- Uns “vale por…” que actúan como agasallo (que se tamén lle queredes dar outra tamén será benvido)
E cómo crear unha búsqueda do tesouro?
Moi fácil, non tes que matarte nada.
Está todo nun dos adxuntos do Calendario: imprimes, recortas, e escondes o vale no lugar indicado.
Son 24 lugares comúns que hai na maioría das casas.
Que non tes ese lugar e/ou queres poñelo noutro sitio?
Tamén tes para imprimir a búsqueda do tesouro en branco para que poidas poñer o lugar que queiras.
Todo pensado para facilitar o chollo e que non vos coste nada preparar unha auténtica búsqueda do tesouro diario.
Resumindo:
Enigma diario + Vales + Búsqueda do tesouro + Plantilla para facer calendario caseiro + Recortable diario
Onde?
Aquí: https://pidopapas.com/downloads/calendario-de-advento-6-14-a…
PD: facendo unhas pequenas variantes tamén se pode utilizar nas aulas, montando unha búsqueda con diferentes grupos.