O venres 28 de novembro de 2025 tiven dobrete no Culturgal: un obradoiro coa rapazada pola mañá e unha charla sobre Pidopapas pola tarde.
Durante o obradoiro foi unha marabilla ver como se acendían as ideas cando lles dabas só un empuxón creativo.

Que xogos fixemos no obradoiro?
- Nenos e nenas competindo por ver quen resolvía antes o enigma e o significado dun refrán.
- Aprendendo vocabulario de Nadal cun encrucillado.
- Descubrindo animais relacionados con esta época do ano e como o raposo utiliza o rabo de manta.
- Deletreando sobremesas do Nadal con letras desordenadas.
Descarga a ficha de pasatempos do Culturgal
Quero compartir contigo a mesma ficha que empreguei no obradoiro. Déixoa aberta para que a poidas usar na casa, na aula ou levar nunha escapada para entreter a rapazada mentres espera pola comida nun restaurante.
Descargar a ficha de pasatempos do Culturgal (PDF)
O máis bonito daqueles días foi comprobar que hai familias e profes que cren de verdade no poder de aprender xogando. Grazas por formar parte desta pequena comunidade que medra, experimenta e se ilusiona. Se probas a ficha, encantaríame saber que tal che funciona.
