Imaxina esta escena:
— Mamáaaa, abúrrome! — berra Dani dende o salón.
Laura pecha os ollos un segundo. Xa levan toda a tarde con mil xogos distintos, pero nada parece durar máis de cinco minutos.
Entón lembra os libros de pasatempos e, sen dicir nada, déixaos enriba da mesa.
Primeiro, Dani colle un con curiosidade. Pasa unha páxina. Logo outra. De súpeto, está mergullado nun labirinto, buscando o camiño correcto.
Despois, unha sopa de letras, unha suma, un debuxo para pintar… e, por primeira vez en toda a tarde, silencio.
Pero desta vez, un silencio bo, deses que saben a concentración e diversión.

Que poden facer os peques cando se aburren na casa?
Cando preparo os libros de pasatempos en galego, procuro que teñan xogos variados: labirintos, sopas de letras, sumas, debuxos e pequenos retos adaptados á idade.
A idea é que teñan algo que facer con papel e lapis, que os desafíe e que lles permita aprender xogando.
Se tamén che apetece probar unha alternativa ás pantallas, bótalles unha ollada aos meus cadernos de pasatempos infantís en galego.
