Estou algo aparvado e ao mesmo tempo moi agradecido pola acollida…
O 13 de maio de 2024 apareceu o libro de sopas de letras en primeira posición de libros máis vendidos en galego.

Incrible.
Nin se me pasara pola cabeza lograr algo así.
Será por libros de calidade en galego…
Si, que xa sei que serán cousas do algoritmo de Amazon.
A saber como funciona.
Probablemente sexa cousa de moi pouco tempo… pero veña! deixa que me sinta orgulloso, que traballo me levou publicalo 🙂
Entre isto e as mensaxes de parabéns que recibín pola iniciativa estou nunha nube.
Por suposto, visto a acollida, haberá novo libro de sopas pronto.
Pero mentres iso chega… non te esquezas de compartir ou mercar se inda non o fixeches.
