En novembro de 2025 puiden compartir unha novidade que para min era especial: os libros de Pidopapas tamén comezaban a imprimirse en Galicia, da man de Sacauntos, en Santiago de Compostela.
Facíame especial ilusión dar este paso e apostar por unha cooperativa gráfica de aquí. 💚

Por que quería imprimir os libros en Galicia?
Ata entón utilizaba Amazon KDP para chegar a máis lugares e facilitar a venda en liña. A idea era seguir aproveitando esa canle, pero tamén quería ofrecer ás librarías unha opción feita aquí, máis próxima e sinxela de pedir.
Para min era unha maneira de apoiar a produción local e de seguir levando libros en galego ás librarías de confianza.

Grazas por seguir apostando polo galego, polos libros e pola creación feita aquí.
Se tes unha libraría e queres consultar as opcións actuais para encargar os libros, podes atopar a información na páxina de distribución de Pidopapas.
