← Volver ao blog

Libros de pasatempos en galego para recomendar no Nadal

As recomendacións de lectura para as vacacións de Nadal tamén poden incluír libros de pasatempos en galego. Sopas de letras, enigmas e pequenas curiosidades axudan a que a rapazada siga en contacto coa lingua mentres xoga.

Os pasatempos en galego nas recomendacións escolares

Unha das cousas que máis ilusión me fixo foi saber que varios centros educativos incluíran os meus libros entre as propostas de Nadal para as familias. O CEIP da Cruz, por exemplo, recolleunos nunha guía de lecturas e pasatempos para Infantil, Primaria e familias.

O propósito destes materiais é sinxelo: que nenos e nenas descubran vocabulario, resolvan retos e lean en galego porque lles apetece.

Unha proposta para os equipos docentes

Se estás preparando unha guía de lecturas ou actividades para as vacacións, podes incluír libros de pasatempos adaptados ás idades do alumnado. Son unha alternativa para seguir xogando e aprendendo en galego fóra da aula.

Consultar os libros de pasatempos de Pidopapas. Se precisas portadas ou información editorial para elaborar as recomendacións do centro, podes pedirmas a través da web.

Montaxe de páxinas dunha guía de lecturas e pasatempos en galego onde aparecen referencias a Pidopapas