← Volver ao blog

Máis cheo que un chimpín no festival de Cans: sopas de letras para adultos

Unha compradora contoume en maio de 2025 algo que me fixo sorrir de orella a orella:

—«Veña que che empesa a novela!»
—«Deixa, deixa… que aghora estou con isto.»

Resulta que «isto» era que a súa nai quedara enghanchada ao libro de sopas de letras.

Si, enganchada.

Como quen non pode parar de ler un bo libro, pero neste caso, buscando palabras agochadas entre letras ou pintando un mandala.

E iso é un ghustazo enorme para min.

Unha persoa coloreando un mandala nun libro de pasatempos aberto.

Porque este libro naceu precisamente por iso: porque moita xente me dicía que quería algo para adultos, para pais, para avós, para eles mesmos.

Un pasatempo en galego, tranquilo, para manter a cabeza ocupada sen estrés.

Se pensas que alguén da túa contorna tamén podería desfrutalo, aquí tes o meu libro de sopas de letras e pasatempos en galego para adultos.

E si, quedei tan cheo de orghullo como un chimpín no festival de Cans. 😉