← Volver ao blog

Grazas ao profesorado que recomenda libros de Pidopapas

Souben que en dous centros educativos o profesorado quixo compartir os libros de Pidopapas co alumnado e as familias.

Nun deles, regaláronlles un exemplar aos nenos e nenas de sexto de Primaria como detalle de fin de curso; no outro, recomendáronlles ás familias un libro para o verán.

Son xestos polos que quero dar as grazas.

Cando comecei a crear pasatempos en galego para xogar na casa, non imaxinaba que chegarían tamén ás aulas e ás recomendacións escolares.

Os libros de Pidopapas inclúen sopas de letras, enigmas e outros retos para manter o galego presente no lecer.

Pódense consultar no catálogo de libros de pasatempos.

Exposición de cadernos de pasatempos en galego de Pidopapas nun punto de venda