← Volver ao blog

Librarías que regalan fichas de San Xoán en galego

As fichas de San Xoán en galego de Pidopapas tamén poden chegar ás familias a través das librarías. É unha das maneiras máis próximas de compartir actividades gratuítas cos nenos e nenas.

Unha iniciativa en Moaña e Cangas

A libraría Gamela de Papel, en Moaña, preguntoume se podía imprimir as fichas para regalárllelas á rapazada que visitase a tenda. En Cangas, a libraría A Esmorga xa preparara materiais para ofrecer no seu mostrador.

Ver que un recurso creado en galego acaba nas mans das familias grazas ás librarías é unha boa mostra do valor que teñen estes pequenos xestos de colaboración local.

Podo imprimir estas actividades para a miña libraría?

Podes imprimir e regalar estas fichas na túa libraría, coa condición de non vendelas como un produto independente. Se che apetece, encantaríame que me enviases algunha fotografía da iniciativa.

Se queres coñecer o recurso, podes solicitar a ficha gratuíta de San Xoán.

fichas de San Xoán en galego

Ficha – San Xoán

Recibe o material de balde no teu correo. Ademais, recibirás novidades de Pidopapas. Podes darte de baixa cando queiras.