No Samaín é habitual repartir caramelos, pero tamén se pode regalar un anaquiño de xogo en galego. As fichas do Samaín para imprimir de Pidopapas poden converterse nun detalle para a clientela de librarías e outros comercios.
Un agasallo en galego para os teus clientes
A raíz dunha colaboración con Quinteiro Doce, varios negocios preguntáronme se podían imprimir as fichas de Samaín para entregalas aos seus clientes. Díxenlles que si: pódense descargar, imprimir e regalar como pequeno agasallo.

Son actividades pensadas para que a rapazada xogue e goce destas datas empregando o galego. Podes imprimir tantas copias como necesites e entregalas á túa clientela.
Onde conseguir as fichas do Samaín
Para recibir a ficha por correo, solicita a descarga no formulario de Pidopapas:
Solicitar as fichas gratuítas do Samaín
Se utilizas estas actividades no teu negocio e queres compartir o resultado, podes enviarme unha fotografía ou contarme a experiencia a través da páxina de contacto de Pidopapas.
Actividades de Samaín en galego
Recibe o material de balde no teu correo. Ademais, recibirás novidades de Pidopapas. Podes darte de baixa cando queiras.
