Estamos de volta!

portada sopa de letras de palabras galegas

Despois dunha boa tempada sen novidades volvemos cun novo producto.

Resulta que as miñas peques (de 8 e case 10 anos) son afeccionadas ás sopas de letras, unhas máquinas topando palabras.

Cando acabaron o primeiro libro pediron máis.

Busquei pra mercarlle outro. Pero non me daba a ghana de comprarlle un en castelán.

E así empecei, coa axuda de tutoriais de youtube creei e imprimín as primeiras sopas de letras para as miñas peques.

Nunha comida familiar, a miña cuñada interesouse por elas. Os sobriños tamén as querían. Foi ahí cando me saltou a chispa:

Por qué non compartir a creación? Mans á obra!

Despois de moitas máis horas de tutoriais en youtube, maquetación do libro, pago dalgún que outro programa, crear máis sopas e moitas probas…

o meu primeiro libro de sopas de letras en galego facíase realidade!

Esta vez, en vez de vender un pdf topeime coa opción de autoeditar un libro impreso.

Máis cómodo e a golpe de click, sen ter que imprimir en casa ou levar á copistería.

Agora é o teu turno.

Xa sexa para un cumple, para regalarlle a un sobriño, para entreterse nas vacacións

Pulsa aquí para mercar o teu libro de sopas de letras en galego.

Gracias polo teu apoio!

PD: este é o primeiro libro. Empezarei o segundo pasado o finde das letras galegas. Se tes algunha suxerencia de temática, rango de idade, ou calquera comentario, responde este correo.

PD2: axúdame compartindo con quen penses que lle pode interesar.