← Volver ao blog

Piratas, meigas… e unha entrevista en O Papagaio

En decembro de 2025 pasou algo que me alegrou máis do habitual. Contactaron da revista O Papagaio, unha desas que chegan ás mans de alumnado, profesorado e familias en moitos coles galegos, para falar de Pidopapas e das miñas escape rooms en galego.

Unha conversa sobre historias e xogos de escape

E a conversa non foi sobre produtos. Foi sobre historias.

Sobre como un salón pode converterse nun barco pirata durante media hora. Sobre como unhas pistas poden facer que aparezan meigas, símbolos estraños e decisións en equipo.

Sobre esa maxia pequena que pasa cando deixas de xogar a algo e empezas a xogar dentro de algo.

A ilusión segue no mesmo sitio: crear xogos que non queden nun caixón e que se convertan en recordos.

Grazas á revista O Papagaio por dar espazo a proxectos pequenos, feitos aquí, con calma e intención. E grazas a ti por estar ao outro lado, xogando, lendo e acompañando.

Revista O Papagaio aberta pola páxina da entrevista sobre os xogos de escape, con ilustracións de piratas

Se che apetece vivir unha historia de piratas ou deixar que entren as meigas na casa (con permiso 😉), aquí tes as escape rooms en galego de Pidopapas.