Unha Escape Room para coñecer a historia das Letras Galegas
Un percorrido pola historia do galego, para aprender xogando.
Gratis para quen non poida pagar.
Entre 3 ou 5 euros para axudar a que continuemos creando Escape Rooms en galego.
2 a 6 xogadores
Podes imprimir máis para varios grupos en simultáneo.
30 minutos de xogo
A partir de 7 anos
Dificultade media-baixa
Escape Room da Lingua Galega
Adéntrate na Escape Room da Historia do Galego e embárcate nunha emocionante viaxe a través das súas diferentes fases históricas. Comeza nas raíces latinas, onde a nosa lingua tivo os seus inicios, e mergúllate no esplendor do galego-portugués, unha época de poesía e lírica fascinantes.
No teu camiño, enfrontaraste aos desafíos dos séculos escuros e descubrirás o impacto de destacados autores como Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, que axudaron a consolidar a nosa identidade lingüística. Ábrete paso a través dos obstáculos, úneste á Irmandade da Fala e celebra o Rexurdimento, un período de renovación cultural onde o galego brillou máis ca nunca.
Cada fase é unha oportunidade para pór á proba o teu coñecemento e habilidades. Nesta emocionante aventura, só os máis decididos poderán completar a Escape Room da Lingua Galega. Anímate a descubrir os segredos do noso idioma e úneste a nós na misión de preservar e celebrar a riqueza do galego. Non deixes que a historia quede esquecida, úneste a nós nesta busca do pasado.
Qué inclúe esta Escape Room?
- 19 páxinas para imprimir en blanco e negro.
- 1 páxina con instruccións de montaxe + Montaxe de Búsqueda do tesouro
- 1 páxina con códigos
- Páxinas con enigmas para completar o xogo
- Máis detalles aquí (qué se entrega nas nosas Escape Rooms?).
Cómo preparar esta Escape Room de Samaín?
- Imprimir páxinas (branco e negro)
- Dobrar folios pola metade
- Ter papel e boli a man.
- Comezar a ler o folio “B”
- Máis detalles aquí (Cómo preparar unha Escape Room de PidoPapas).
Descarga
Recibe a túa Escape Room ó instante
Imprime
Unhas poucas páxinas co xogo
Prepara a túa aventura
Sigue o Paso a Paso para montar a túa propia Escape Room
¡Xoga!
Para parellas e grupos.
Fácil de xogar, ollo que engancha!
Pides Papas?
No caso de que quedes atrancado nalgunha proba, tes unha páxina de pistas para poder continuar aquí:
Pistas “Escape Room da Lingua Galega” (ollo spoilers)
A descarga é automática cando realizas o pago con Tarxeta ou Paypal.
Se o vas con Bizum ou Transferencia tardará o que tarde en comprobalo e poida enviala (sería raro que pasasen máis de 24 horas).
Esta Escape Room é tan fácil de preparar como imprimir e doblar uns folios, non ten maior complicación.
Aquí tes unha explicación máis detallada: Cómo preparar unha Escape Room de PidoPapas
Un pdf para imprimir en branco e negro con todas as instruccións de montaxe e táboa inicial de códigos.
Aquí máis detalles: Qué se entrega nas nosas Escape Rooms?
Instruccións de montaxe:
Proba inicial + Táboa de códigos:
Xogo montado:
Teñen xogado grupos de rapaces a partir de 7 anos acompañados dun adulto para dúbidas puntuais.
É moi habitual que a utilicen profes nas súas aulas.
Só é necesario para ver as pistas. Pódese acceder a elas a través do móbil.
Sí, podes imprimir de forma ilimitada. Hai profes que imprimen varias Escapes para que xoguen de forma simultánea todos os alumnos da aula.
O mesmo para competicións entre grupos de amigos nunha casa rural: