← Volver ao blog

Día do Libro: unha boa ocasión para visitar as librarías de barrio

O 23 de abril, Día do Libro, é unha boa ocasión para entrar nunha libraría de barrio. A min pásame moitas veces: entro só a botar un ollo e acabo cun libro para min, outro para regalar e algún que non contaba atopar.

O valor das librarías de proximidade

Nas librarías hai conversas, recomendacións e descubrimentos. As que apostan polo galego axudan ademais a que os libros na nosa lingua cheguen a novos lectores.

Quero animarte a visitar unha libraría, descubrir as súas propostas e, se atopas algo que che guste, levalo contigo. Cada libro que sae pola porta é unha boa noticia para quen escribe, para quen le e para a lingua.

Unha crianza fai pasatempos nun libro aberto sobre unha mesa con lapis e material de escritura.

Se non tes unha libraría preto, tamén podes consultar os libros de Pidopapas en Librería Abrente, OzocoGZ ou Amazon.